Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

A Compensación británica

Establécese co obxecto de reducir o que se considera un desequilibrio orzamentario excesivo (diferenza entre o que achega o orzamento e os fondos que recibe deste). O importe da compensación equivale, aproximadamente, a un terzo do seu saldo orzamentario. O resto dos países faise cargo do que deixa de aboar Reino Unido en proporción ao seu RNB, malia que catro deles (Alemaña, Austria, Países Baixos e Suecia) só financian o 25% do que lles correspondería nunha repartición inicial, e os 22 Estados membros restantes aboan, en proporción ao seu RNB, o que aforran estes 4 países.