Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Articulación orzamentaria dos fluxos España-UE

A articulación orzamentaria dos fluxos financeiros coa Unión Europea sufriu diversos cambios dende a adhesión de España en 1986.

Na súa configuración actual, o orzamento de ingresos do Estado recolle: os recursos propios tradicionais recadados polo Estado; o recurso IVE que, malia que non aparece de xeito explícito entre os ingresos, está integrado na recadación polo imposto sobre o valor engadido; a compensación a España polos gastos de recadación dos recursos propios tradicionais e parte das transferencias dos fondos estruturais, do Fondo de Cohesión e doutros, destinados a cofinanciar proxectos coa Administración xeral do Estado.

O orzamento de gastos do Estado recolle, na súa sección 34, tanto as transferencias ao Fondo Europeo de Desenvolvemento como ao Orzamento Xeral da Unión Europea. Pola súa parte, nas seccións dos departamentos ministeriais que desenvolven actuacións cofinanciadas con fondos europeos, inscríbese o montante total dos créditos necesarios sen que se especifique que parte corresponde á UE e que parte ao Estado español.

Por último, nos orzamentos de ingresos de determinados organismos autónomos inclúense, de modo análogo ao orzamento do Estado, as transferencias previstas.

Esquema de funcionamiento del modelo de articulación presupuestaria en el año 2016 (pdf)