Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Finalidade da achega financeira do FEDER

A achega financeira do FEDER ten como finalidade favorecer o proceso de converxencia das rexións máis desfavorecidas, a través da mellora da competitividade empresarial, e é importante, posto que pode supor ata o 80% da axuda total concedida, permitindo que as axudas se destinen aos proxectos que, pola súa especial localización, aproveitamento de recursos naturais da zona e efecto dinamizador - sobre todo, os que utilicen tecnoloxía avanzada - contribúan ao desenvolvemento rexional.

Os programas operativos préstanlles especial atención ás pequenas e medianas empresas que son as que se considera que mellor poden adaptarse para crear unha base sólida que permita o axeitado desenvolvemento do tecido produtivo.