Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Unión Europea

Sectores promocionables

Nos reais decretos de delimitación defínense os sectores que son promocionables:

 a) Industrias transformadoras e servizos de apoio á produción que, respectando os criterios sectoriais establecidos polos organismos competentes, inclúan tecnoloxía avanzada, presten especial atención a melloras medioambientais e supoñan unha mellora significativa na calidade ou innovación de proceso ou produto e, en especial, os que favorezan a introdución das novas tecnoloxías e a prestación de servizos nos subsectores das tecnoloxías da información e as comunicacións e os que melloren significativamente as estruturas comerciais.

b) Establecementos turísticos e instalacións complementarias de ocio que, respectando os criterios sectoriais establecidos polos organismos competentes, posúan carácter innovador especialmente no relativo ás melloras medioambientais e que melloren significativamente o potencial endóxeno da zona.