Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Rexións Obxectivo 2

O obxectivo n.° 2 dos Fondos Estruturais persigue a dinamización das zonas con dificultades estruturais, ben sexan industriais, rurais, urbanas ou que dependen da pesca. Esas zonas pertencen a rexións cun nivel de desenvolvemento que se sitúa arredor da media comunitaria, mais que, en cadansúa escala, padecen diferentes tipos de dificultades socioeconómicas e que, a miúdo, son a causa dunha taxa de desemprego elevada.

En España, durante o período 2000-2006, son beneficiarias do Obxectivo n.º 2, dos Fondos Estruturais, zonas das Comunidades Autónomas de Aragón, Baleares, Cataluña, Madrid, Navarra, País Vasco e A Rioxa. Entre 2000 e 2006 aplicaranse, nestas zonas, fondos estruturais por un montante de 2.651 millóns de euros (de 1999).