Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Documentos únicos de programación

Os documentos únicos de programación son programas plurianuais, aprobados pola Comisión, que equivalen e agrupan, no caso deste Obxectivo, os elementos contidos nun marco comunitario de apoio e nun programa operativo. Neles reflíctense o diagnóstico sobre a problemática socioeconómica das zonas beneficiarias, os obxectivos e estratexias que cómpre desenvolver, e as principais prioridades de gasto (eixos prioritarios) que van ser obxecto de cofinanciamento polos Fondos Estruturais. Existe un DOCUP para cada unha das comunidades autónomas con zonas beneficiarias do Obxectivo n.º 2.