Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Urban II

Urban II constitúe a iniciativa comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en favor do desenvolvemento sostíbel das cidades e barrios en crise da Unión Europea durante o período 2000-2006.

Tras unha primeira etapa Urban no período 1994-1999, Urban II está enfocado, de maneira máis específica, a promover a elaboración e posta en práctica de modelos de desenvolvemento innovadores que favorezan a rexeneración económica e social das zonas urbanas en crise. O programa intensificará, igualmente, o intercambio de información e de experiencias referentes ao desenvolvemento urbano sostíbel na Unión Europea.