Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Leader +

Leader + é unha iniciativa deseñada para axudar os axentes do mundo rural a reflexionar sobre o potencial do seu territorio a longo prazo. A devandita iniciativa céntrase, principalmente, na asociación e nas redes de intercambio de experiencias, fomentando a aplicación de estratexias de desenvolvemento sostíbel integradas, de grande calidade e orixinais.

A posta en práctica do capítulo 1 (apoio das estratexias de desenvolvemento rural territoriais, integradas e piloto, baseadas nun enfoque ascendente) realízase a través dos grupos de acción local seleccionados pola natureza rural dos territorios, a súa homoxeneidade en termos físicos, económicos e sociais, e os plans integrados e innovadores de desenvolvemento presentados.