Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Xestión/seguimento/control

A xestión dos Fondos Estruturais articúlase a través dos Programas Operativos, no caso do Obxectivo 1, e os Documentos Únicos de Programación, no caso do Obxectivo 2. Cada programa componse de eixes prioritarios e de medidas. O conxunto destes elementos deseña unha estratexia de desenvolvemento, que deberá ser aplicada durante toda a duración do programa. Os proxectos que aspiren ao financiamento por parte do programa deberán inscribirse dentro da devandita estratexia. O complemento de programación contén a descrición detallada das medidas anunciadas no programa. Cada medida dispón dunha cobertura financeira precisa á que os administradores dos programas recorrerán para financiar proxectos individuais.