Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Accións innovadoras FEDER

As accións innovadoras do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) constitúen laboratorios de ideas en beneficio das rexións desfavorecidas. Dado que as intervencións principais dos Fondos Estruturais ofrecen acotío posibilidades limitadas de experimentación, as accións innovadoras achegan aos axentes rexionais "o terreo de proba" necesario para superar as dificultades que suscita a nova economía.

Os programas correspondentes ao período 2002-2006, inclúen medidas en relación cun ou máis dos tres temas estratéxicos seguintes: economía rexional baseada no coñecemento e a innovación tecnolóxica; e-Europa: a sociedade da información ao servizo do desenvolvemento rexional; identidade rexional e desenvolvemento sostíbel.

Catálogo de actuacións España