Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Proxectos aprobados no período 2000-2006. Requisitos

Para presentar o proxecto para o seu financiamento co fondo, debe remitirse una solicitude de axuda cos requisitos especificados no artigo 10 do Regulamento 1164/1994, achegarse coa proposta dos Estados unha avaliación a priori, que permita aos países xustificar a selección dos proxectos e explicar o impacto que terán sobre o ambiente.

A Comisión comprobará que se cumpren todas as condicións para aprobar un financiamento do Fondo de Cohesión. Para iso, téñense en conta os criterios recollidos no art. 10.5 do Regulamento:

  • as vantaxes económicas e sociais a medio prazo do proxecto, demostradas por unha análise de custos e beneficios ou custo-eficacia;
  • a participación do proxecto na consecución dos obxectivos comunitarios para o medio ou a rede transeuropea de transporte;
  • o respecto das prioridades estabelecidas polo Estado membro;
  • a compatibilidade do proxecto coas demais políticas da Comunidade e, por conseguinte, coas accións emprendidas polos Fondos Estruturais comunitarios.

As solicitudes deberán ser tramitadas pola administración responsábel da execución do proxecto a través da Unidade Xestora do Fondo de Cohesión, dependente da Dirección Xeral de Fondos Europeos, do Ministerio de Economía e Facenda

A través desta unidade coordínase todo o relativo á xestión do fondo, incluíndo a formación da carteira de proxectos que hai que presentar para o seu financiamento coa dotación do fondo para cada ano e a tramitación das solicitudes perante a DG Regio da Comisión Europea.

Aquí pode descargar un ficheiro co formulario de solicitude de axuda:

  • Solicitude de axuda para un proxecto, do Fondo de cohesión.
  • Solicitude de axuda para un grupo de proxectos, do Fondo de cohesión.

Os formularios de solicitude incorporan 4 anexos: Anexo I, de documentación ambiental, Anexo II, de procedemento de contratación, Anexo III, de análise económica e financeira, e Anexo IV, guía de informacións específicas de proxectos de ambiente e de transportes. Para cumprimentar o Anexo III pódese consultar a seguinte nota metodolóxica: Archivo formato pdf nota metodolóxica , o documento da Comisión Europea: Archivo formato pdf Guide to cost-benefit analysis of investment projects. (Guía para a análise custe-beneficios.) e a nota de 14/04/03 da Comisión Europea: "Simplificación transparencia e coherencia na avaliación dos grandes proxectos de infraestruturas públicas: aplicación de catro normas básicas".

A Comisión Europea toma as decisións de aprobación de axuda do fondo para os proxectos e comunícalle as súas decisións ao estado membro (Cfr. Art. 10.6 Regulamento 1164/1994). No caso de España, comunícao a través da Dirección Xeral de Fondos Europeos (Subdirección Xeral de Fondos de Compensación e Cohesión) do Ministerio de Economía e Facenda.