Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

INTERREG EUROPE

INTERREG EUROPE é parte do Obxectivo de Cooperación Territorial Europea e está cofinanciado polo FEDER cun orzamento de 359 millóns de euros para o período 2014-2020. O ámbito de aplicación do FEDER con respecto ao obxectivo de cooperación territorial europea, así como as disposicións específicas relativas ao devandito obxectivo está regulado polo Regulamento (UE) nº 1299/2013.

O programa foi deseñado para posibilitar a aprendizaxe e intercambio de prácticas e ideas entre as autoridades públicas co fin de mellorar a execución das políticas e programas de desenvolvemento rexional, en particular, os programas financiados con fondos estruturais.

Este programa diríxese a todas as rexións de todos os Países Membro da Unión Europea, xunto con Noruega e Suíza.

O programa está organizado ao redor de catro obxectivos temáticos:

•Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a investigación;

•Mellorar a competitividade das PEMES;

•Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono a todos os sectores;

•Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.