Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

MED

O programa INTERREG V B MED é un programa de Cooperación Transnacional enmarcado no Obxectivo de Cooperación Territorial Europea, un dos instrumentos para a execución da política de cohesión da UE. Está financiado polo FEDER cunha axuda comunitaria de 229.322.525 €.

Comprende 57 rexións de 10 países da UE: Croacia, Chipre, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Portugal e Reino Unido (Xibraltar)así como 3 países candidatos:Albania, Bosnia-Herzegovina e Montenegro.

  O programa MED ten por obxectivo principal contribuír ao desenvolvemento a longo prazo da zona do Mediterráneo e fortalecer a cooperación transnacional entre as rexións e os países participantes, articulándose as súas actuacións a través de catro obxectivos temáticos: reforzar a capacidade de innovación; promover a transición a unha economía baixa en carbono; conservar e protexer o medio ambiente e mellorar a gobernación mediterránea .