Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

España - Portugal

O Programa de Cooperación INTERREG V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 foi aprobado por Decisión da Comisión C (2015) 893 de 12 de febreiro de 2015. Incluída o financiamento nacional, o orzamento total do programa ascende a case 383 millóns de euros

A primeira convocatoria de proxectos transfronteirizos porase en marcha en 2015. Os proxectos poderán recibir ata o 65 % do financiamento da UE para as súas actividades.

O Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 é a consecuencia directa da favorable experiencia que desde 1989 supuxo a cooperación na liña fronteiriza entre ambos os países que permitiu e que pretende continuar avanzando na mellora da calidade de vida dos habitantes do Espazo de Cooperación.

O Espazo Transfronteirizo de España-Portugal está conformado por 37 NUTS III pertencentes a ambos os países, asegurando a coherencia e continuidade das zonas establecidas no anterior período de programación.

O POCTEP 2014-2020 actuará en cinco grandes ámbitos ou obxectivos temáticos:

·        Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

·        Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.

.        Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores.

·        Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

·        Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública.