Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

España - Francia - Andorra

O Programa de Cooperación Territorial España-Francia-Andorra (POCTEFA) 2007-2013 constitúe a cuarta xeración de apoio financeiro comunitario destinado a reforzar a integración económica e social da zona fronteiriza España-Francia-Andorra.

A súa axuda concéntrase no desenvolvemento de actividades económicas, sociais e ambientais transfronteirizas a través de estratexias conxuntas a favor do desenvolvemento territorial sustentable. Ao mesmo tempo este programa favorece a percepción por parte dos cidadáns da zona transfronteiriza como un espazo único e así diminuír o efecto fronteira.

 Os fondos FEDER xestionados por POCTEFA que reciben os proxectos, supoñen un 65% do financiamento dos mesmos. Deste xeito, POCTEFA 2007-2013 conta con 168 millóns de euros que supoñen preto de 243 millóns de euros do valor total do investimento dos proxectos no territorio.

Foron 145 os proxectos financiados polo Programa. Estes proxectos enmárcanse dentro do tres eixos de actuación prioritarios nos que se divide o Programa:

       • Eixo1: Reforzar a integración transfronteiriza pondo en valor as complementariedades no campo das actividades económicas, a innovación e o capital humano 

       • Eixo 2: Pór en valor os territorios, o patrimonio natural e cultural nunha lóxica sustentable, protexer e xestionar os recursos ambientais.

       • Eixo 3: Mellorar a calidade de vida das poboacións a través de estratexias comúns de estruturación territorial e de desenvolvemento sustentable.

Entre as rexións fronteirizas de España, Francia e Andorra este programa de cooperación afecta o desenvolvemento de case 147.000 quilómetros cadrados de territorio e á calidade de vida de máis de 16 millóns de persoas.

A Comunidade de Traballo dos Pireneos (CTP) foi nomeada Autoridade de Xestión de POCTEFA en 2007. Neste marco, a CTP é un actor de primeiro plano a nivel europeo en materia de cooperación transfronteiriza e é a primeira entidade transfronteiriza en Europa que xestiona un programa europeo.

 Toda a información sobre POCTEFA 2007-2013 está dispoñible en www.poctefa.eu