Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Programación

Unha maneira de facer Europa

Os traballos de programación da política de cohesión 2014-2020, coordinados pola D. X. de Fondos Europeos (MINFAP) contemplan a elaboración dos seguintes documentos estratéxicos:

  • O Acordo de asociación de España e
  • os programas operativos

O Acordo de asociación é o documento nacional, de carácter estratéxico, elaborado por cada Estado membro que expón a estratexia e as prioridades de investimento dos fondos da política de cohesión (Feder, FSE, Feader e FEMP) para o período 2014-2020.

A estratexia definida debe sustentarse nunha análise previa da situación actual de España e das súa rexións; en particular, das disparidades existentes entre elas, das oportunidades de crecemento e das debilidades de todas as súas rexións e territorios, nas diferentes áreas de investimento que identifican os regulamentos, e que son 11 (denominadas obxectivos temáticos):

  1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación
  2. Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso a estas
  3. Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP)
  4. Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores
  5. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e a xestión de riscos
  6. Protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos
  7. Promover o transporte sustentable e eliminar os embotellamentos nas infraestruturas das redes fundamentais
  8. Promover o emprego e favorecer a mobilidade laboral
  9. Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza
  10. Investir na educación, no desenvolvemento das capacidades e na aprendizaxe permanente
  11. Mellorar a capacidade institucional e a eficiencia da Administración pública

Os traballos de programación lévanse a cabo respectando o principio de partenariado e gobernanza multinivel; é dicir, están involucradas as autoridades públicas dos diferentes niveis da Administración española, os axentes económicos e sociais e os representantes da sociedade civil, incluídos os axentes medioambientais, as ONG e os organismos de igualdade e non discriminación.