Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Sudoeste Europeo

O Programa de Cooperación Territorial do Espazo Suroeste Europeo (SUDOE) apoia o desenvolvemento rexional a través do cofinanciamento de proxectos transnacionais por medio do Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

Os actores públicos das rexións españolas, francesas, portuguesas e británicas (Xibraltar) poden contribuír ao crecemento e ao desenvolvemento sustentable deste Espazo Suroeste Europeo desenvolvendo proxectos de cooperación transnacional en materia de innovación, medio natural, novas tecnoloxías da información e desenvolvemento urbano sustentable.

Traballando conxuntamente, estes actores rexionais contribúen a que o suroeste europeo alcance as estratexias da Unión europea en materia de crecemento, emprego e desenvolvemento sustentable.

O principal obxectivo perseguido para desenvolver unha estratexia que valorice as súas fortalezas e corrixa as súas debilidades é consolidar o suroeste europeo como un espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade e a innovación, o medio natural, o desenvolvemento sustentable e a ordenación espacial, que contribúa a asegurar unha integración harmoniosa e equilibrada das súas rexións, dentro dos obxectivos de cohesión económica e social da UE.