Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Azores - Madeira - Canarias

O espazo de cooperación do Programa de Cooperación Transnacional Madeira-Canarias-Azores (MAC 2007-2013) comprende as rexións autónomas de Azores e Madeira e a Comunidade Autónoma de Canarias. Ademais, o Programa de Cooperación Transnacional Azores-Madeira-Canarias formula como unha das súas liñas de actuación prioritarias a cooperación cos terceiros países do seu ámbito xeográfico e cultural, tal e como se veu desenvolvendo no período de programación 2000-2006, con África noroccidental e Latinoamérica.

O obxectivo global que persegue a estratexia adoptada polo programa consiste en incrementar os niveis de desenvolvemento e de integración socioeconómica dos tres arquipélagos, impulsando unha estratexia baseada no impulso da sociedade do coñecemento e do desenvolvemento sustentable, e mellorar os niveis de integración socioeconómica do espazo de cooperación cos países do seu ámbito xeográfico e cultural.