Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Os recursos propios

Os recursos propios son:

  • Recursos propios tradicionais. Os RPT son verdadeiros impostos comunitarios, consecuencia da aplicación de políticas comúns. Están constituídos por dereitos de aduana e exaccións sobre o azucre e a isoglicosa. Representan aproximadamente o 15% dos ingresos totais que financia a UE.
  • Recurso IVE. É o resultado da aplicación dunha determinada porcentaxe á base IVE calculada de xeito harmonizado en todos os Estados membros. Para cada Estado membro, a base IVE está limitada na contía do 50% da súa renda nacional bruta. A partir de 2007 o tipo é o 0,3% excepto Alemaña, Paises Baixos e Suecia que gozan dun tipo reducido do 0.15%. Importan o 12% dos ingresos totais da Unión.
  • Recurso RNB. O recurso RNB (renda nacional bruta) global determínase como diferenza entre o total do gasto comunitario e o resto dos recursos. A parte que lle corresponde aboar a cada país obtense en función da porcentaxe da súa RNB respecto da RNB comunitaria. O recurso RNB exerce unha función equilibradora entre o ingreso e o gasto e supón preto do 73% dos ingresos da UE.