Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Control externo e descarga

O Tribunal de Contas Europeo, como institución encargada do control externo, elabora un informe anual co resultado das súas auditorías, no que se inclúe unha declaración sobre a fiabilidade das contas e a regularidade e legalidade das operacións correspondentes (DAS) (art. 287 do Tratado de Lisboa).

O Consello examina os distintos documentos elaborados polo Tribunal de Contas e prepara a súa recomendación ao Parlamento Europeo para a aprobación da xestión da Comisión na execución do orzamento (descarga).

A descarga é a decisión pola que o Parlamento Europeo, despois de tomar en consideración a recomendación do Consello, libera a Comisión, en tanto que institución responsable da execución do orzamento, de toda responsabilidade relativa á súa xestión orzamentaria, pechando así o exercicio orzamentario.