Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Orzamento da UE

O orzamento da UE comprende todos os ingresos e gastos da Unión, agás os relativos ao Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED) e aos organismos establecidos pola Unión Europea que teñen personalidade xurídica (axencias e outros). Recolle todos os ingresos necesarios para financiar as súas actuacións, pois a UE non está autorizada a recorrer ao endebedamento; o seu tamaño está limitado ao 1,23% da renda nacional bruta da UE (a partir de 2010, a RNB utilizada para os efectos do orzamento da Unión Europea e os seus recursos propios inclúe os servizos de intermediación financeira medidos indirectamente -SIFMI; como consecuencia diso, o teito reduciuse do 1,24% da RNB anterior ao 1,23%) e destina a maior parte dos seus recursos ao financiamento das políticas estrutural e agraria.

As disposicións relativas ao orzamento da UE, así como ao procedemento de adopción deste, atópanse contidas no Tratado da Unión Europea e no Tratado de Funcionamento da Unión Europea, modificados polo Tratado de Lisboa, no Regulamento Financeiro, no Regulamento do Marco Financeiro Plurianual previsto no Tratado de Lisboa e nun Acordo Interinstitucional (AII) entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión.

Principios orzamentarios (pdf)