Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos - Secretaría General de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos Constitucion40. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Outros Instrumentos de Política Rexional

Ademais dos Fondos Europeos, a política rexional desenvolvida pola Administración Xeral do Estado aplícase mediante outros instrumentos.

Os dous máis importantes son, polas súas características e dimensión financeira, o "Fondo de Compensación Interterritorial", para o que, a xestión de proxectos corresponde á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, mentres que os pagamentos son xestionados pola Dirección Xeral de Financiamento Territorial, e as "Axudas de Estado de Finalidade Rexional", cuxa xestión corresponde á Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, en aplicación do disposto na Lei 50/85, do 27 de decembro, de Incentivos Rexionais.