Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Rexións Obxectivo 1

O Obxectivo n.° 1 dos Fondos Estruturais constitúe a prioridade sobranceira da política de cohesión da Unión Europea. Isto obedece ao feito de que dous terzos dos créditos dos Fondos Estruturais (é dicir, máis de 135.000 millóns de euros) se destinen á recuperación das rexións máis desfavorecidas, as denominadas "rexións do Obxectivo n.° 1", cun produto interior bruto (PIB) inferior ao 75% da media comunitaria.

España é o principal país beneficiario dos recursos do Obxectivo n.º 1. Vai recibir 38.096 millóns de euros (un 28% do total asignado a este Obxectivo) entre 2000 e 2006. Doce rexións españolas benefícianse deses recursos.