Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos - Secretaría General de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos Constitucion40. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria
Unión Europea

A política rexional e os seus instrumentos

A política rexional desenvolvida pola Administración Xeral do Estado aplícase mediante diferentes instrumentos. Os máis importantes son, polas súas características e dimensión financeira, os seguintes: Os Fondos Estruturais Europeos; O Fondo de Compensación Interterritorial; As axudas de estado de finalidade rexional; A cooperación local do estado.

Destes instrumentos da política rexional, os máis importantes, pola súa dimensión financeira, son osFondos Estruturais Europeos. España percibiu entre os anos 2000 e 2006 un total de 60.752 millóns de euros (de 2004) e vai percibir 31.543 millóns de euros (de 2004) no período 2007-2013.

A aplicación dos Fondos Estruturais Europeos nas rexións seleccionadas para cada obxectivo baséase nun conxunto de documentos de programación plurianual, elaborados polo Estado español, que deben ser aprobados pola Comisión Europea.