Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

FEOGA

O FEOGA está formado por dúas seccións, a sección de Orientación e sección de Garantía. No marco da política europea de cohesión económica e social, o FEOGA apoia o desenvolvemento rural e o axuste das estruturas agrícolas. Ámbitos de actuación do FEOGA: Inversións nas explotacións agrarias (modernización, redución dos custes de produción, calidade dos produtos, ambiente...); Axuda á instalación dos agricultores novos e formación profesional; Axudas á xubilación anticipada; >Axudas compensatorias nas zonas desfavorecidas; Medidas agroambientais; Transformación e comercialización dos produtos agrícolas.