Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Rexións Obxectivo 1

O Obxectivo n.° 1 dos Fondos Estruturais constitúe a prioridade sobranceira da política de cohesión da Unión Europea. De acordo co Tratado, a actuación da Unión está encamiñada a "promover un desenvolvemento harmonioso" e, en particular, "a reducir as diferenzas entre os niveles de desenvolvemento das diversas rexións". Isto obedece ao feito de que dous terzos dos créditos dos Fondos Estruturais (é dicir, máis de 135.000 millóns de euros) se destinen á recuperación das rexións máis desfavorecidas, as denominadas "rexións do Obxectivo n.° 1", cun produto interior bruto (PIB) inferior ao 75% da media comunitaria.

España é o principal país beneficiario dos recursos do Obxectivo n.º 1. Vai recibir 38.096 millóns de euros (un 28% do total asignado a este Obxectivo) entre 2000 e 2006. Doce rexións españolas (Andalucía, Asturias, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha, Ceuta, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Melilla, Murcia e, tamén, Cantabria ―en situación de axudas transitorias―), benefícianse deses recursos.