Gobierno de España. Ministerio de Hacienda y Función Pública. Abre nueva ventana Secretaría de Estado de Hacienda y Presupuestos - Secretaría General de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos Constitucion40. Abre nueva ventana
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Fondos estruturais

Para promover un desenvolvemento harmonioso do conxunto da Unión Europea, as institucións comunitarias, en colaboración cos Estados membros e as súas rexións, desenvolven accións e intervencións encamiñadas a reforzar a cohesión económica e social da Unión. A Comunidade persegue, en particular, reducir as diferenzas entre os niveis de desenvolvemento das diversas rexións e o atraso dos territorios menos favorecidos, incluídas as zonas rurais ou as illas. No período de programación 2000-2006, na consecución deste obxectivo, a Comunidade sérvese dos fondos con finalidade estrutural –o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), o Fondo Social Europeo (FSE), a Sección de Orientación do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA-O), o Instrumento Financeiro de Orientación Pesqueira (IFOP)–, do Fondo de Cohesión, do Banco Europeo de Investimentos e doutros instrumentos financeiros [(Fondo Europeo de Investimentos, empréstitos e garantías (FEI)].