Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Suroeste Europeo

O Programa de Cooperación Transnacional Interreg V-B do Suroeste Europeo (Interreg V-B SUDOE) apoia o desenvolvemento rexional a través do cofinanciamento de proxectos transnacionales por medio do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). Supón un paso máis na longa tradición de cooperación que manteñen entre si España, Francia, Portugal e o Reino Unido (Xibraltar), e ao que se incorpora Andorra como país invitado para este novo período 2014-2020.

O obxectivo deste período de programación, en liña coas directrices europeas, é fortalecer as prioridades de investimento que, estando en consonancia co Regulamento FEDER, mellor funcionaron no período 2007-2013. De acordo coa nova estratexia formulada, o Programa Interreg V-B SUDOE centrará as súas actuacións en Promover a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes, Contribuír a unha maior eficiencia enerxética, Previr e xestionar os riscos de maneira eficaz e Protexer o medio ambiente.