Gobierno de España. Ministerio de Hacienda Y Función Pública Secretaría General de Presupuestos y Gastos
Unión Europea

Xestión e seguimento

Unha maneira de facer Europa

O 20 de decembro de 2013 publicáronse no Diario Oficial da Unión Europea os novos Regulamentos dos Fondos Estruturais e de Investimento (FEI) que serán aplicables para o período 2014-2020 (todos excepto o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). España ten á súa disposición, no período de programación 2014-2020, os seguintes Fondos Estruturais: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Fondo Social Europeo (FSE), Fondo Europeo para a Agricultura e o Desenvolvemento Rural (FEADER) e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). Neste período, España xa non ten acceso ao Fondo de Cohesión.

A xestión dos Fondos Estruturais articúlase a través dos Programas Operativos. Cada programa componse de eixos prioritarios e prioridades de investimento. O conxunto destes elementos deseña unha estratexia de desenvolvemento, a cal deberá ser aplicada durante toda a duración do programa. Os proxectos que aspiren ao financiamiento por parte do programa deberán inscribirse dentro de dita estratexia. Dependendo do seu carácter específico, cada un dos Fondos Estruturais poderá financiar determinados tipos de proxectos. As subvencións financiadas con fondos da Unión Europea rexeranse polas normas comunitarias aplicables en cada caso e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición daquelas. O estado membro asume a primeira responsabilidade de control financeiro das intervencións, o que significa que deberá adoptar as medidas encamiñadas a unha utilización eficaz e regular dos Fondos europeos, asegurando que as intervencións se xestionan de conformidade coas normativas nacional e comunitaria, con arranxo a unha correcta xestión financeira, e que se preveñen, detectan e corrixen as irregularidades observadas.