Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Marco Estratéxico Nacional de Referencia (MENR)

O Marco Estratéxico Nacional de Referencia de España para o período 2007-2013, está suxeito ao establecido no Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello de 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión. O documento ten un dobre carácter de documento financeiro e documento estratéxico.

Como documento financeiro incorpora a dotación para a política rexional e de cohesión territorial prevista para España no Acordo do Consello Europeo de 16 de decembro de 2005, que aproba as Perspectivas Financeiras para o período 2007-2013. Como documento estratéxico, establece a estratexia deseñada para o Fondo de Cohesión, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE) para o mesmo período 2007-2013.