Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Iniciativa Urbana 2007-2013. Proxectos Integrados de desenvolvemento urbano

 O obxectivo da Iniciativa Urbana (URBAN) é a posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeneración urbana que, mediante un enfoque integrado que contemple os aspectos sociais, económicos e ambientais, favorezan un desenvolvemento urbano sustentable de acordo aos principios e orientacións estratéxicas das políticas comunitarias.

Esta actuación dotada con 344 millóns de euros de axuda FEDER está destinada aos municipios cunha poboación de dereito de máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia que non alcancen dita cifra de poboación.