Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

Seguimento e avaliación

A estratexia de comunicación deseñada no grupo de responsables de comunicación, a rede GERIP, que se plasmou nos distintos plans de comunicación a través das distintas actuacións recollidas nestes, debe ser obxecto dun seguimento continuo que se validará nos distintos comités de seguimento e nos correspondentes informes anuais. Ademais, nos anos 2010 e 2013, avaliadores externos deben levar a cabo un proceso de avaliación, cuxo informe virá recollido nos informes anuais correspondentes aos devanditos anos.

Por iso, no GERIP elaborouse unha guía para o seguimento e avaliación dos plans de comunicación, na que se recollen os criterios e as ferramentas para levar á práctica este proceso de seguimento e avaliación.