Gobierno de España. Ministerio de Hacienda. Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos - Dirección General de Fondos Europeos
Administración Presupuestaria
Unión Europea

INFORM

A Comisión Europea, a través da Unidade de Comunicación da Dirección General REGIO, no que respecta ós fondos FEDER e Fondo de Cohesión e ó fío do reflectido no Artigo 10 do Regulamento 1828/2006, que se refire á importancia das redes de comunicación no período de programación 2007-2013, fixo o esforzo de transforma-la rede informal de comunicación xa existente desde o ano 2002 (SFIT) nunha rede formal de comunicación, a rede INFORM. A rede SFIT xa viña promovendo os intercambios de experiencias nesta materia entre as distintas rexións e países que percibían Fondos Europeos no anterior período de programación 2000-2006.

Con esta rede trátase de garanti-la transparencia das actuacións cofinanciadas con estes dous Fondos Europeos, potencia-la cooperación entre as redes de comunicación nacionais, destaca-los fitos da política de cohesión nos distintos países e tratar de establecer estratexias comúns de comunicación, para poñelas en marcha nuns e outros estados-membros.

(Ver enlaces no menú superior)